accesskey_mod_content

A plataforma de Intermediación de datos supera os 70 servizos

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

31 agosto 2016

Durante o primeiro semestre de 2016 superáronse os 70 servizos dispoñibles na plataforma de intermediación de datos.

Destacan as incorporacións dos servizos do Instituto Cervantes para consultar a aptitude de solicitantes de nacionalidade, da AEAT, de Estar ao Corrente de Obrigas Tributarias para Contratación co sector Público con incumprimentos xenérico, sen finalidade específica, a Consulta de Condición de Bolseiro do Ministerio de Educación ou a Consulta de Permisos de Explotación Marisqueira que actualmente ofrece Galicia e esperamos estender a todas as CCAA con costa.

Mención especial merecen os servizos de consulta do ficheiro de Titularidades Financeiras, tanto por Interveniente como por Produto. Este ficheiro é responsabilidade da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa, e será o SEPBLAC (Servizo Executivo -Comisión de Prevención do Branqueo de Capitais e infraccións monetarias) o encargado do tratamento. Os servizos están en produción desde o 5 de maio de 2016.

Ao ficheiro de Titularidades Financeiras aplicaránselle medidas de seguridade de nivel alto en aplicación da normativa de protección de datos de carácter persoal. Terán acceso os xuíces de Instrución, o ministerio Fiscal, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, o CNI e a AEAT. Tamén se puxeron en preprodución os servizos da DXT de Consulta de datos de Condutores, Vehículo e de documentos dun Vehículo. A entrada en produción será a primeira quincena de Setembro.

Lembrámoslles que para solicitudes de soporte a través do Centro de Atención a Integradores e Desenvolvedores (CAID) do MINHAP debe utilizar o url: https://soportecaid.redsara.es(Abre en nova xanela)

Máis información sobre a solución Plataforma de Intermediación no CTT. Tamén pode consultar a sección Intermediación de datos do PAe.

  • Centro de Transferencia de Tecnoloxía
  • Interoperabilidade
  • Servizos electrónicos