En virtude da iniciativa, o Parlamento andaluz tamén solicita que a Xunta considere como "unha liña política estratéxica" a potenciación do desenvolvemento e utilización do software libre en Andalucía, así como o apoio aos profesionais e ao sector empresarial que traballan no campo do software libre.
O Parlamento andaluz reclama por unanimidade que a Xunta "dea prioridade" ao software libre na administración pública
"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".
25 novembro 2013
O Pleno do Parlamento aprobou este xoves por unanimidade unha proposición non de lei presentada por IULV-CA pola que a Cámara andaluza pide á Xunta que "dea prioridade" no uso das súas aplicacións informáticas presentes e futuras ás baseadas na utilización de software libre e estándares abertos.
- Software Libre