accesskey_mod_content

Datos.gob.es premiado como o portal europeo de apertura de datos máis amigable

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

25 xaneiro 2012

Datos.gob.es foi premiado como portal dedicado á apertura de datos públicos máis amigable da Unión Europea por LAPSI (Legal Aspects of Public Sector Information).

Datos.gob.es(Abre en nova xanela) foi premiado como portal dedicado á apertura de datos públicos máis amigable da Unión Europea por LAPSI (Legal Aspects of Public Sector Information), un proxecto financiado pola Comisión europea(Abre en nova xanela) e que reúne a expertos dos diferentes países da UE en aspectos legais relacionados co acceso e a reutilización da información do sector público.

El galardón, fue entregado ayer en Bruselas (Bélgica) en el transcurso de una Conferencia(Abre en nova xanela) organizada por LAPSI, destaca el carácter innovador del portal español, su facilidad de consulta, sencillez de navegación y su apuesta por la divulgación.

Este premio reconoce el liderazgo de España y, en particular, de la Administración General del Estado, en el fomento de una cultura de apertura de datos y reutilización de la información del sector público.

Ademais, este recoñecemento ha de facerse extensivo á comunidade de profesionais, empresas e cidadáns interesados que promoven a apertura de datos públicos, dado que as principais asociacións do sector privado e da sociedade civil interesadas foron consultadas no proceso de deseño do portal hoxe premiado.
Así mesmo, o galardón supón un reflexo do potencial do sector infomediario (empresas que reutilizan información) en España, que desenvolve novos produtos e servizos mediante a reutilización da información pública e que alcanzou en 2010(Abre en nova xanela) un volume de negocio que se sitúa entre 550 e 650 millóns de euros, dando emprego directo a entre 5.000 e 5.500 traballadores.

No contexto do Proxecto Achega, poranse en breve a disposición de todos os interesados, para a súa libre reutilización, os documentos técnicos nos que se basea o portal datos.gob.es, que foron elaborados coa colaboración da Fundación CTIC Centro Tecnolóxico(Abre en nova xanela) .

Proxecto Achega e o portal Datos.gob.es
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo(Abre en nova xanela) e o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas(Abre en nova xanela) impulsan o Proxecto Achega, que promove unha cultura de reutilización da información no ámbito da Administración pública. Desde a súa posta en marcha levou a cabo diferentes actuacións de concienciación e impulso da reutilización, a través de xornadas de formación e conferencias.

No Proxecto Achega se incardina o portal datos.gob.es que incorpora o Catálogo de Información Pública(Abre en nova xanela) da Administración Xeral do Estado. Así mesmo, desde este portal proporciónase información xeral, materiais formativos e noticias de actualidade sobre a reutilización da información do sector público.

Datos.gob.es forma parte dos instrumentos considerados no Real Decreto 1495/2011, do 24 de outubro(Abre en nova xanela) , de desenvolvemento da Lei 37/2007 sobre reutilización da información do sector público, para o ámbito do sector público estatal.