accesskey_mod_content

R.D. 1112/2018

Desde o Observatorio de Accesibilidade Web preparáronse os seguintes documentos que pretenden clarificar os preceptos do RD 1112/2018, o modo de aplicalos e os prazos nos que isto debe facerse:

Coa aprobación do Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, que traspón a Directiva (EU) 2016/2102, obrígase a que todas as páxinas web e aplicacións móbiles da Administración Pública ou dependentes desta sexan accesibles de acordo ao estándar harmonizado que a Comisión Europea ha publicado a finais do 2018.

Desde o 21 de decembro de 2018, o estándar a cumprir polas Administracións Públicas españolas nos seus sitios web é o EN 301 549 v2.1.2 (2018-08) (equivalente a WCAG 2.1). No caso das aplicacións móbiles aplicará a partir do 23 de Xuño de 2021.

Unha proposta do texto que se podería incluír nos pregos de contratación sería a seguinte:

"O adxudicatario terá en conta o establecido no RD 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público e por tanto aplicará a norma " UNE-EN 301 549. Requisitos de accesibilidade para produtos e servizos TIC ". Esta norma, é a versión oficial española á EN 301 549 V2.1.2 (2018-08) Accessibility requirements for ICT products and services , declarada como estándar harmonizado na Decisión de Execución (UE) 2018/2048 da Comisión, de 20 de decembro de 2018, e que é equivalente a cumprir todos os requisitos de nivel A e AA do WCAG 2.1. "

 

 

 

Tras analizar xuridicamente a cuestión conclúese que non sería necesario facer accesibles as copias auténticas polos seguintes argumentos:

  1. O documento que é obxecto do procedemento de copiado auténtico é un documento que achega o propio cidadán ou interesado; non se trata dun documento que emita, elabore ou pertenza á propia Administración (senón un documento “externo” que se integra ou pasa a formar parte dos seus expedientes administrativos). É posible interpretar, por tanto, que cabe aplicar a exclusión prevista no artigo 3.4 letra e) do Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, segundo o cal, quedan excluídos do seu ámbito de aplicación os contidos de terceiros que non estean financiados nin desenvolvidos polo suxeito obrigado nin estean baixo o seu control.
  2. Non hai que esquecer que o documento orixinal en papel obxecto do procedemento de copiado auténtico achégase polo propio interesado. É certo que a normativa actual prevé que os documentos que “se poden descargar” e obren nas Sedes Electrónicas do Sector Público deben ser accesibles pero non é menos certo que así se establece en salvagarda dos interesados do procedemento (que son quen poden acceder ás Sedes Electrónicas e descargarse os correspondentes documentos); por tanto, se o propio interesado achega ao procedemento un documento que non é accesible (papel), é claro que ningún quebranto sofre polo feito de acceder ao documento nun formato equivalente, en canto a condicións de accesibilidade (copia dixitalizada), ao que el mesmo achegou ao expediente administrativo.
  3. A normativa establece uns requisitos concretos e esixe un procedemento de copiado auténtico específico; realizar un proceso adicional de “accesibilización” obrigaría a duplicar os documentos no expediente para cumprir coa lexislación (porque, ademais do documento electrónico resultante da dixitalización, debería haber un novo documento ou arquivo electrónico “accesible”). Á parte dos custos adicionais (tanto no procedemento de obtención da copia auténtica como no posterior arquivo -xa que se requiriría maior capacidade nos sistemas da Administración-), iso pode xerar problemas de proba nos procedementos administrativos e/ou xudiciais (especialmente, en caso de discrepancia entre os documentos obrantes no expediente).
  4. Finalmente, o artigo 7 do Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, establece que se pode exceptuar o cumprimento dos requisitos de accesibilidade cando o mesmo entrañe unha carga desproporcionada á entidade obrigada. Aínda que cada Administración debería realizar a súa correspondente xustificación, é obxectivamente razoable que non pode obrigarse ao Sector Público a realizar un proceso de dixitalización que vaia acompañado dun proceso de “accesibilización” dados os custos que implicaría en tempo, fondos e compromiso da capacidade de xestión, resultando desproporcionado segundo o previsto no citado Real Decreto.