Estes documentos non se deben utilizar como escusa para non xerar contidos mediante (X)HTML+CSS. En xeral non se debe abusar dos documentos PDF para proporcionar información, utilizándoos unicamente en determinados casos, por exemplo folletos, documentos legais ou documentos de natureza extensa para os que sexa conveniente proporcionar unha versión descargable e imprimible.
Para xerar documentos PDF accesibles é imprescindible que os documentos xestionados a través dun procesador de textos (Microsoft Word, LibreOffice Writer, etc.) ou de calquera outro programa, sexan accesibles. Para xerar estes documentos accesibles pode seguir as indicacións recollidas nas seguintes guías.
0 Comentarios
Non hai comentarios