accesskey_mod_content

Preto de 17.000 persoas inscribíronse en liña no primeiro proceso selectivo da Xunta integramente electrónico

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

08 maio 2018

O uso da Plataforma de interoperabilidade Pasaxe! evitará aos aspirantes presentar ata 86.000 documentos que acrediten a súa identidade, titulación ou a súa situación laboral.

Por primeira vez desde a entrada en vigor da Lei 39/2015(Abre en nova xanela) para consolidar unha Administración integramente dixital, o proceso de inscrición para o ingreso nos diferentes corpos docentes, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria(Abre en nova xanela) , levou a cabo de maneira integramente electrónica. En total, presentáronse 16.951 solicitudes a través da sede electrónica autonómica, das cales o 84% empregaron o servizo de claves concertadas, Chave 365(Abre en nova xanela) , e as restantes optaron polo certificado dixital.

Interoperabilidade

Durante a tramitación do procedemento realizaranse aproximadamente 95.000 validacións de datos, das que ao redor 90% faranse automaticamente a través Plataforma de interoperabilidade Pasaxe!(Abre en nova xanela) , que permite a interconexión dos sistemas de información entre Xunta de Galicia e outras Administracións.

Entre estas comprobacións automáticas destacan as de identidade coa Dirección Xeral de Policía(Abre en nova xanela) , as de verificación de titulacións oficiais co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte(Abre en nova xanela) ou a situación de desemprego co Servizo Público de Emprego Estatal(Abre en nova xanela) , entre otras. Las consultas a través de Pasaxe! evitarán a los solicitantes presentar hasta 86.000 documentos que ya obran en poder de la Administración.

Vantaxes da xestión en liña

Entre as vantaxes da xestión en liña está a posibilidade de facer trámites as 24 horas do día, desde calquera lugar, e evitar os desprazamentos aos rexistros presenciais. Boa proba diso é que neste proceso para persoal docente, a primeira solicitude presentouse tan só 15 minutos despois de abrir o prazo, é dicir, ás 00:15 horas e a última solicitude rexistrouse ás 23:55 horas do último día de inscrición, 5 minutos antes de pechar o prazo.

Administración electrónica

A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)(Abre en nova xanela) , puso en marcha en 2015 el Plan de Administración y Gobiernos Digitales para alcanzar una administración accesible, ágil en las respuestas y con capacidad para anticiparse a las necesidades de las sociedad.

En el marco de este Plan, Amtega, puso en marcha el pasado mes de febrero una nueva versión de la sede electrónica de la Xunta más sencilla y accesible, enfocada a las necesidades y prioridades del usuario. La nueva sede está adaptada a un mejor uso desde dispositivos móviles y con posibilidades de personalización en función del tipo de colectivo: ciudadano, empresa o profesional, entidad local, asociaciones y ONG.

O usuario realizará procuras xerais no buscador ou través das etiquetas destacadas en función do seu perfil, ben por ser termos ou procedementos máis destacados ou consultados polo colectivo ao que pertence. Ademais, incorpórase un novo tipo de contido por campañas, que abarca as axudas, procedementos e programas vinculados a un feito vital ou unha necesidade concreta (apoio á natalidade, apoio ao emprendemento).

  • Cidadán
  • Servizos electrónicos