O Concello de Corcubión súmase aos municipios da zona que implementaron o sistema de administración electrónica que permite aos cidadáns acceder a numerosos trámites municipais a través de Internet. Mediante a súa identificación con DNI ou certificado electrónico, os veciños poderán consultar os seus expedientes, representar a terceiras persoas ou validar calquera solicitude a través do rexistro.
Corcubión pon en marcha o sistema de administración electrónica.
"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".
07 marzo 2013
Unha opción que abre certos ámbitos do Concello as 24 horas durante os 365 días do ano.
- Servizos electrónicos
- Cidadán