O obxectivo deste convenio é compartir experiencias e intercambiar aplicacións e produtos informáticos que veñen desenvolvendo tanto o Concello, no que o Instituto Tecnolóxico (ITAS) recentemente posto en marcha está a xogar un papel esencial, como a Deputación, a través de Inpro, a Sociedade Provincial de Informática de Sevilla.
Este Protocolo Xeral de Colaboración, que non xera compromiso económico algún para as partes, irá posteriormente concretándose mediante a subscrición de futuros convenios específicos de cesión de aplicacións concretas, nos que se regularán os termos específicos de cada cesión.
0 Comentarios
Non hai comentarios