Así mesmo, segundo os datos achegados polo Goberno galego nun comunicado, o gasto farmacéutico en xaneiro de 2013 reduciu o seu gasto 8,04 millóns de euros respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que supón un descenso do 11,81 por cento.
O gasto medio por receita en xaneiro situouse en 11,63 euros, o que tamén se traduce nun descenso do 1,7 por cento respecto ao valor do mesmo mes de 2012.
En 2009 o número de farmacias con e-receita era de 386, mentres que en 2012 a totalidade das farmacias galegas -1.358- conta con este servizo.
Así, a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde destaca a aposta pola racionalización na Comunidade galega ao pasar dun 10,7 por cento de prescrición de xenéricos en 2009 a unha implantación do 36,47 por cento do momento actual.