O Observatorio de Administración Electrónica (OBSAE) publica desde este mes e cunha periodicidade mensual un novo boletín de indicadores relevantes con aqueles datos máis destacados da Administración Electrónica en España, recompilados entre os que elabora o propio Observatorio, así como por terceiros. Este boletín ofrécese en formato procesable XLSX e en formato PDF, o cal inclúe ademais dos cadros de datos, numerosos gráficos e táboas, que mostran de maneira visual os datos máis relevantes e sobre os que se ofrece ademais información segmentada por idades, sexo, estudos, estrutura organizativa, tipo de aplicación, etc.
Ata agora ofrecíase un boletín dos datos máis relevantes en formato xlsx e ods de forma trimestral; con este novo boletín quérese dar a coñecer a cidadáns, empresas e Administracións Públicas, de forma clara e transparente, a evolución da Administración Electrónica en España con datos actualizados ao último día do mes anterior á súa publicación.
Los indicadores del OBSAE, que se publican desde 2011, permiten analizar la implantación y uso de la Administración Electrónica y de las TIC en las Administraciones Públicas. Dichos indicadores se muestran agrupados en áreas donde se presenta información de los servicios electrónicos prestados a ciudadanos, empresas y a las distintas Administraciones.
Pódense descargar os boletíns nas seguintes ligazóns:
Os boletíns publícanse tamén en versión en inglés:
Estarán así mesmo dispoñibles cada mes na sección Indicadores relevantes de OBSAE .
Para máis detalle de todos os indicadores de servizos de administración electrónica prestados pola SGAD pode consultar o DATAOBSAE .