accesskey_mod_content

Publicación do Informe A Administración Electrónica nas Comunidades Autónomas. CAE 2013

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

29 decembro 2014

Publícase unha nova edición do informe CAE que monitora o avance das Comunidades Autónomas cara á Administración electrónica. É a décima edición dun informe que ha ido evolucionando en formato e contidos para adaptarse ás novas necesidades de información.

O informe é froito do traballo levado a cabo polo grupo "Observatorio, Indicadores e Medidas" creado no marco do Comité Sectorial de Administración Electrónica dependente da Conferencia Sectorial de Administración Pública. Neste grupo participan todas as Comunidades e Cidades Autónomas coordinadas pola Comunidade Autónoma de Galicia e o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

A publicaciuón presenta información, agregada e desagregada por Comunidades, de indicadores relativos a implantación e uso de módulos comúns de tramitación electrónica (rexistro electrónico, pasarela de pagos..), interoperabilidade, inicio electrónico de procedementos, e-democracia,etc. Tamén inclúe información do grao de implementación alcanzado o último trimestre de 2014 dos principais servizos electrónicos prestados polas Comunidades a cidadáns e empresas.

Nesta edición preséntanse os resultados da toma de datos levada a cabo en 2014, con data de referencia 31 de decembro de 2013, excepto para o apartado de servizos electrónicos a cidadáns e empresas cuxa información foi recollida a través da aplicación SIA (Sistema de Información Administrativa) actualizada en xeral durante outubro-novembro de 2014.

A descarga do informe completo: Informe Administración Electrónica nas Comunidades Autónomas. CAE 2013(Abre en nova xanela)
 

  • Secretaria Xeral de Administracion Dixital e Observatorio de Administracion Electronica
  • Goberno aberto, Informes e Estudos