A Estratexia Dixital Europea
A Estratexia Dixital Europea para o período 2020-2025, presentada na Comunicación da Comisión “Modelando o futuro dixital de Europea”, articúlase en tres eixos: Tecnoloxía que traballa para a xente, Economía xusta e competitiva e Sociedade aberta, democrática e sustentable. Dentro de cada un destes eixos, inclúense unha serie de accións e as súas respectivas planificacións temporais.