O Concello de Melide puxo en marcha a sede electrónica para a xestión a través de Internet dos trámites que o cidadán realiza habitualmente desprazándose ao consistorio. Solicitar un certificado de empadroamento, unha licenza ou unha praza nas escolas deportivas son só tres exemplos das múltiples funcións que achega aos veciños o novo servizo, ao que se pode acceder co DNI electrónico ou cun certificado dixital a través das páxinas web do Concello e da Deputación da Coruña.
0 Comentarios
Non hai comentarios