accesskey_mod_content

Dispoñible o informe IRIA 2016 sobre as Tecnoloxías da Información e as Comunicacións nas administracións locais

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

24 novembro 2016

Publicouse o Informe IRIA 2016, que presenta a análise dos indicadores máis significativos do sector TIC do ano 2015 nas administracións locais.

Xa está dispoñible para a súa consulta o informe IRIA 2016 coa análise dos indicadores máis representativos da situación e uso dos sistemas e tecnoloxías da Información e Comunicacións nas administracións locais españolas, así como do persoal TIC empregado. A información actualizouse ao 1 de xaneiro de 2016, sendo o período de enquisa o corresponde ao ano 2015.

A nova Comisión de Estratexia TIC (creada por Real Decreto 806/2014, do 26 de setembro), que substitúe ao anterior Consello Superior de Administración Electrónica, foi a responsable da elaboración deste informe. O IRIA vén publicando cada dous anos desde 1988, facéndolle coincidir coa publicación do informe REINA . Nesta edición, a diferenza das anteriores, non se publicou de forma conxunta.

O informe IRIA , comprende un estudo  que inclúe as Deputacións, Consellos,  Cabidos  e Concellos participantes, onde se analizan diferentes aspectos relacionados cos gastos TIC, parque informático, software utilizado, persoal TIC empregado, avance da administración en rede e diferentes indicadores respecto da evolución da administración electr ónica.

Como datos máis destacados a ter en conta, hai que resaltar que:

  • o gasto total en Tecnoloxías da Información no período estudado situouse en 943 millóns de euros; un 16% máis que a cifra alcanzada en 2013.
  • o 18% do gasto total (algo menos de 170 millóns de euros) corresponde a gastos en telecomunicacións e o 82% restante a gastos informáticos.

As cifras recollidas no informe IRIA publícanse tamén nos formatos procesables XLSX e ODS que forman parte da nosa política RISP e que se atopan dispoñibles desde o portal  datos.gob.es(Abre en nova xanela)

Es de destacar en esta edición el incremento en el grado de participación de  las Entidades Locales lo que sin duda redunda en beneficio de la calidad de los resultados del estudio. 

Descarga do Informe completo no Observatorio de Administración Electrónica

  • Secretaria Xeral de Administracion Dixital e Observatorio de Administracion Electronica
  • Goberno aberto, Informes e Estudos