accesskey_mod_content

Eventos

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

O proxecto STORK 2.0 organiza a súa primeira reunión do Grupo da Industria

  • Niza (Francia)
  • 26 setembro 2013
  • 14:00 a 15:30

STORK 2.0 organizará a súa primeira reunión do Grupo da Industria o 26 de setembro de 2013, durante o World eID Congress (Congreso Mundial da identificación electrónica), que se celebrará en Niza (Francia). Esta sesión de 90 minutos, programada de 14:00 a 15:30, terá por obxecto informar os actores da industria da identificación electrónica, e aos organismos de estandarización, acerca dos avances, resultados e aplicacións do proxecto, así como manter, despois das presentacións, unha discusión aberta cos asistentes na que comentar o presentado e compartir as súas opinións.