Este acto está dirixido aos profesionais que estean interesados en potenciar a súa formación como Project Manager e desenvolver as competencias necesarias para a Dirección de Proxectos no contexto actual, á vez que se preparan para certificarse como PMP, recoñecida nacional e internacionalmente
O 15 marzo de 2013 dará comezo a Edición V do Curso Superior en Dirección de Proxectos. Con este motivo exponse esta sesión formativa de 40 minutos sobre Xestión de Riscos, impartida polo profesor Adriano Coronel, e que permitirá aos interesados coñecer o enfoque deste Curso. Exporanse as prácticas recomendadas segundo PMI, complementándoas con outras metodoloxías, como PRINCE2.
A seguir da mesma, realizarase unha breve presentación do Curso en Dirección de Proxectos de EOI e dos detalles máis relevantes do mesmo